Xuntos Carballo reclama máis seguridade viaria na Avenida Bergantiños

1 minutes read
  • Tamén denuncia a falta de protección na ponte de Novi, na parroquia de Ardaña

Tras un accidente de tráfico debido a unha saída de vía na Avenida de Bergantiños a finais de xaneiro, Xuntos Carballo por un mundo máis xusto solicita ao Concello que se protexa máis a zona xa que se trata dunha vía que soporta unha alta densidade de tráfico con «beirarrúas sen rematar, sen alumeado público e cunha falta de seguridade que pode dar moitos sustos no futuro». A formación demanda que se tomen «medidas urxentes» como a colocación de proteccións metálicas homologadas para todo tipo de vehículos.

Outro punto quente para Xuntos Carballo é a rúa Vila de Negreira onde «acontece outro tanto». Destacan que a protección é insuficiente ao contar «cunhas varillas de ferro atadas cun arame que pouco ou nada poden contribuir a dar seguridade a os peóns». Xa no rural, a agrupación destacou a situación de «alto risco» na ponte de Novi, na parroquia de Ardaña, ao contar desde hai meses coas proteccións en mal estado «tendo estas un anaco dun plástico atado e xa decolorido polo paso do tempo».

Xuntos Carballo