Xuntos Carballo reclama melloras no firme da parada de bus da Avenida de Bértoa

0 minutes read

A formación municipalista Xuntos Carballo por un mundo máis xusto reclama que se acondicione o firme da parada de bus da Avenida de Bértoa tras recibir «numerosas queixas». Desde a agrupación sinalan que son varias as notificacións que recibiu o Concello por esta problemática sen que «a día de hoxe nada se fixera ao respecto».