Xuntos Carballo reclama o arranxo «urxente» dun semáforo da Avenida de Bértoa

Xuntos Carballo

  • A formación pide que se instalen paneis luminosos ou se aumente a altura do mesmo

O secretario local da formación ‘Xuntos Carballo por un mundo máis xusto’, Xesús Deus Gende, achegouse este mércores ata a Avenida de Bértoa para comprobar o estado dun semáforo situado fronte a unha coñecida cafetería. O choque dun gran vehículo contra o aparello semella ser o causante de que este non funcione correctamente.

Gende afirma que non é a primeira vez que este elemento se atopa deteriorado por un longo período de tempo «sendo demandado o seu arranxo por parte da agrupación municipalista en varias ocasións». Xuntos Carballo asegura que o mal funcionamento do semáforo pon en risco a seguridade cidadá e por eso pide que, de xeito «urxente», se aplique unha solución como subir a altura do mesmo ou instalar paneis luminosos.