- Nun dos treitos da vía as obras están sen rematar e tamén hai unha beirarrúa demasiado estreita
O secretario local da formación ‘Xuntos Carballo por un mundo máis xusto’, Xesús Deus Gende, e o responsable de Mobilidade, Perfecto Méndez Lema, achegáronse ata a Avenida Fisterra debido a varias queixas veciñais relativas ás beirarrúas sen rematar nun tramo de dita vía «situado onde empeza o novo carril construído recentemente e a beirarúa xa existente», afirman desde Xuntos Carballo.
En concreto, a agrupación municipalista fai fincapé nos problemas de seguridade viaria, xa que os transeúntes teñen que desprazarse pola parte interna da vía «tendo en conta o tráfico na zona» así como de mobilidade e accesibilidade, posto que existe unha zona demasiado estreita que imposibilita a circulación de persoas que empregan unha cadeira de rodas.
Xuntos Carballo solicita ao goberno loca que actúe «con urxencia» para rematar o tramo que falta e ensanchalo onde sexa preciso.
