Xuntos Carballo reclama unha área para autocaravanas na contorna da praia de Razo

PIXABAY

  • A agrupación considera que este tipo de turistas contribúen á economía local e, se non se lles ofrece un espazo óptimo, marcharán para outro concello

A formación local Xuntos Carballo alenta ao goberno local a que acondicione unha área específica de autocaravanas en Razo debido ao aumento de turistas que chegan á localidade a través deste tipo de vehículos. Turistas que, ademais de «desfrutar do noso litoral, contribúen economicamente nos diferentes establecementos locais e son os mellores embaixadores para dar a coñecer os nosos fermosos areais», destaca o voceiro da agrupación Xesús Deus Gende.

Gende sinala que son varios os bañistas que reclaman que estes turismos ocupan bastante espazo nos areais e, «diante do que parece indicar que será un verán concurrido se o tempo, a pandemia e a vacinación o permiten», o mellor sería acondicionar un espazo para esta clase de usuarios. «En ocasións, ao non contar con un lugar concreto minimamente dotado, pasan de longo buscando noutro concello o que non atopan no noso», sentencian desde Xuntos Carballo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha