Xuntos Carballo recolle novas queixas en mobilidade na estrada de Razo

1 minutes read
  • Unha das reclamacións fai referencia a un poste da luz situado dentro dun carril bici

O secretario da formación ‘Xuntos Carballo por un mundo máis xusto’, Xeus Deus Gente, xunto co responsable de Seguridade e Mobilidade, Perfecto Méndez Lema, achegáronse ata a estrada de Razo para recoller varias queixas veciñais relativas á seguridade viaria e á circulación na zona.

Por unha banda destaca un poste eléctrico que se atopa case no medio dun novo carril bici, cuxa construción xa fora polémica ao restar aparcamentos no lugar. Os veciños sinalan que ese poste da luz non está ben situado e que pode provocar que algún ciclista se faga dano. A outra queixa procede, segundo Xuntos Carballo, dos condutores de autobuses escolares que acuden ao colexio Artai e que teñen dificultades para «manobrar axeitadamente» debido a un sinal na entrada do centro.

Cedida