Xuntos Carballo recrimina ao Concello a falta de alumeado público no rural

Xuntos Carballo

  • Desde a organización sinalan que varios postes da luz foran retirados polo seu «alto custo para as arcas municipais»

A formación municipalista ‘Xuntos Carballo por un mundo máis xusto’ asegura que son varias as queixas recibidas en relación á falta de alumeado público en varias zonas de Bértoa, Berdillo ou Sofán.

O voceiro local do partido, Xesús Deus Gende, sinala que hai tempo se retiraron varios puntos de luz que a día de hoxe seguen sen ser repostos. «Segundo se informou naqueles intres, a retirada produciuse supostamente polo alto custe que supoñía para as arcas municipais ou porque consideraban que non eran precisos en zonas «non poboadas»», afirma Gende.

Xuntos Carballo considera «de xustiza que se repoña o alumeado alí onde máis se precise» posto que todos os veciños pagan impostos e isto mellorará a seguridade de peóns e vehículos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha