Xuntos Carballo segue recadando reclamacións veciñais

Cedida.

O secretario local da agrupación, Xesús Deus Gende, vén de recoller tres novas reinvindicacións da veciñanza. A primeira delas na parroquia de Razo. A incidencia en cuestión está vencellada con un espello (tal e como figura na instantánea) que permite dar visibilidade en cruces e saídas en rúas con dificultades de acceso. Levan dous meses con este problema sen que ata o momento ninguén arranxara o problema. Segundo transmiten «expuxeron esta incidencia no Concello, pero non foi resolta. O punto concreto sitúase na estrada dirección Lema, á altura do campo de fútbol onde a vía se estreita, o que supón un alto risco para a circulación de vehículos, e que xa leva dado varios sustos que por fortuna só quedaron niso».

A segunda inquedanza está no barrio carballés do San Cristobo. Alí os veciños expoñen que levan entre dous e tres anos requerindo a limpeza dunha toxeira que se atopa moi preto do seu edificio. A maior preocupación vénlles ademais de pola maleza en sí, porque «esta zona é empregada habitualmente por consumidores/as de «sustancias nocivas para a saúde» que deixan todo enporcallado, polo que cumpre rematar con estas prácticas dado que para os nenos que residen nas inmediacións non son para nada axeitadas».

A terceira fai referencia a problemática coa líña e horarios de buses. Concretamente a queixa parte dun vendedor da ONCE, habitual en Carballo, natural e residente en Corme que se queixa da escasa información e tamén do cambio de horario dos buses. Concretamente expón que a líña que antes saía de Corme direción Carballo as 7,30 horas pasou ahora as 6,45 polo que causa problemas aos usuarios en canto á programación de tempo e labores varias.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha