Xuntos Carballo solicita a mellora «urxente» da rúa Fernando Camarot

Calle Fernando Camarot_Xuntos Carballo

  • Desde a formación sinalan que a vía presenta un «estado lamentable»

A agrupación municipal Xuntos Carballo continúa na súa labor de reivindicación de melloras en diferentes espazos públicos do concello carballés. Nesta ocasión pide a mellora «urxente» da rúa Fernando Camarot, da que din presenta un «estado lamentable».

Non é a primeira vez que a formación solicita a intervención neste vial, que presenta fochancas e «unha pequena estructura de ferro no medio da estrada que pon en perigo a persoas e vehículos».