Xuntos Carballo solicita melloras de seguridade viaria nas parroquias de Bértoa e Verdillo

Xuntos Carballo

  • Estas queixas xa foran expostas ao goberno local desde os consellos parroquiais

O secretario da formación ‘Xuntos Carballo por un mundo máis xusto’, Xesús Deus Gende, e o responsable de obras, José Luis Bardanca, achegáronse ata as parroquias de Verdillo e Bértoa para falar con veciños e dar conta de varias queixas relativas á rede viaria.

A primeira delas refírese á estrada que une O Alto coa Piña que, sendo unha das principais saídas dirección A Coruña, se atopa «nun estado lamentable». Ademais, desde a agrupación aseguran que o arranxo desta vía xa o solicitara o consello parroquial de Verdillo en marzo do 2019.

A segunda das queixas ten que ver coa reforma integral da ponte de Queo, na parroquia de Bértoa, que precisa un ancheamento e máis medidas de seguridade dado o «alto índice de risco de accidentes que existe nesa zona». Estas obras tamén se lle solicitaran ao Concello no ano 2017.

Por último, tamén en Bértoa, Xuntos Carballo reclama que se mellore a visibilidade e a seguridade no cruzamento coñecido como ‘As galleguiñas’, onde xa tiveron lugar varios incidentes graves.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha