Xuntos Carballo solicita o arranxo da estrada que une Berdillo coa Piña, en Sofán

Xuntos Carballo

A agrupación municipalista Xuntos Carballo pide que se proceda ao arranxo da estrada que une os lugares de Berdillo e A Piña, na parroquia de Sofán. Segundo confirma o portavoz da formación, son varios os residentes e usuarios da vía que se queixan do «estado vergoñento, lamentable e intransitable» da mesma, o que denota «un evidente abandono».