Xuntos Carballo solicita o arranxo dunha vía en San Paio de Entrecruces

Estrada de San Paio en Entrecruces_Xuntos Carballo por un mundo máis xusto

  • A formación asegura que as fochancas e desniveis «impiden a correcta circulación de vehículos»

Xuntos Carballo por un mundo máis xusto pide o arranxo urxente dunha estrada en San Paio, na parroquia de Entrecruces. O secretario local e voceiro da formación, Xesús Deus Gende, acudiu ata o lugar para ver en primeira persoa o «vergoñento estado» no que se atopa o camiño.

A vía en cuestión conta con fochancas, desniveis e cunetas sen limpar que «impiden a correcta circulación de vehículos», destacan desde a agrupación carballesa, afirmando ademais que a veciñanza se sinte «discriminada por parte dun goberno local que non dá resposta ás súas demandas».