Xuntos Carballo solicita un servizo de garda de asistencia social

1 minutes read
  • Desde a agrupación destacan que durante as tardes e nas fins de semana a veciñanza ten que acudir a Cáritas

A formación municipalista Xuntos Carballo por un mundo máis xusto solicita ao Concello que habilite uns servizos sociais de urxencia que atendan tanto en horario de tarde como na fin de semana.

Esta petición chega tras as queixas recibidas por parte de varios veciños que, aínda valorando positivamente o trato recibido e a labor desenvolvida no departamento de Servizos Sociais do Concello, demandan unha ampliación do horario de atención. Sinalan que cando as oficinas están pechadas, e ante casos de urxencia, teñen que acudir á asistenta social de Cáritas «ao ser o único organismo dispoñible».

Sen embargo, desde Xuntos Carballo destacan que moitas veces a entidade está desbordada debido a todos os problemas aos que ten que facer fronter, polo que reclaman ao goberno local unha solución para cumprir «co cometido de garantir unha atención social de calidade e sempre ao servizo da cidadanía».