Xurxo Borrazás presenta en Carballo o seu último libro “Brevedume”


Xurxo Borrazás, considerado un dos autores máis importantes da narrrativa actual galega, acudirá á Biblioteca Rego da Balsa, este venres 27 ás 20:00 horas, para presentar “Brevedume” e conversar cos/oas asistentes sobre esta obra, publicada pola editorial Galaxia, na que convida á reflexión “a través de textos curtos e aforismos”. Con el estará a autora carballesa Rosalía Fernández Rial, que será a encargada de presentalo.

Sinopse: A Borrazás gústalle pensar que o autor deste libro é el, cando menos unha sorte de primus inter pares nunha táboa redonda na que sentan desde Epicuro a Andy Warhol pasando por Oscar Wilde, Pasolini e Josep Pla, entre moitos outros. Se na cuberta o único nome é o seu, débese a custións de espazo.