A compañía da internet Yahoo informou de que está a sufrir unha caída en parte dos seus servizos a nivel global, entre os que se atopa Yahoo Mail, o seu servizo de correo electrónico, segundo informou este xoves. «Poida que non sexa posible acceder a parte dos nosos servizos, incluíndo o ‘email’. A nosa máxima prioridade agora mesmo é arranxar isto. Grazas pola vosa paciencia», indicou Yahoo na súa conta de atención ao cliente en Twitter. A web ‘Downdetector’, que monitorea os problemas de servizo de webs e aplicacións, indica que se chegaron a rexistrar máis de 4.000 incidentes con Yahoo Mail, a maioría deles en Europa. Desa cifra, o 59% dos problemas débese á imposibilidade de acceder á conta, mentres que outro 30% está a experimentar problemas coa web de Yahoo Mail e un 9% indica que non pode ler correos electrónicos.
41