Yelco Alfaya supera a corentena e non ten síntomas

Cedida.

O xogador do Bergantiños pasou confinado na casa os 15 días que lle recomendaron os médicos e ata tivo tempo estes días de facer algo de deporte. O futbolista manda unha mensaxe de ánimo a todos os que están pelexando co virus: “Xa pasei os 15 días que recomendan en caso de ter a enfermidade, sen ningún tipo de problema, mesmo facendo deporte todos os días aquí no meu cuarto, sen poder saír, pero iso é o de menos. Dicir que agora mesmo estou esperando a que me repitan a proba para confirmar o negativo. Xa levo 10-12 días sen ningún tipo de síntomas, atópome perfectamente ben. Un saúdo para todos e animarvos a que quededes na casa ata que todo isto pase, esperemos que sexa máis pronto que tarde”.