Yolanda Díaz afirma que traballa por conseguir unha Mesa do Congreso progresista

1 minutes read

A líder de Sumar, Yolanda Díaz, fixo este domingo un chamamento explícito ás forzas políticas para conformar un goberno progresista sen demoras. Ante o inicio do curso político para a semana vindeira, dixo que tamén traballan co PSOE na conformación dunha Mesa do Congreso progresista:

O que ten sentido é que a Mesa do Congreso, que é un órgano da máxima importancia que xestiona a vida diaria dos españois e das españolas, sexa acorde co que votou a cidadanía. Con isto que queremos dicir? Que loxicamente a nosa voceira co resto de voceiros, singularmente do PSOE, estamos a traballar para termos unha Mesa que sexa progresista. E isto é no que están traballando Sumar e o Goberno de España”.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?