Yolanda Díaz afirma que traballa por conseguir unha Mesa do Congreso progresista

A líder de Sumar, Yolanda Díaz, fixo este domingo un chamamento explícito ás forzas políticas para conformar un goberno progresista sen demoras. Ante o inicio do curso político para a semana vindeira, dixo que tamén traballan co PSOE na conformación dunha Mesa do Congreso progresista:

O que ten sentido é que a Mesa do Congreso, que é un órgano da máxima importancia que xestiona a vida diaria dos españois e das españolas, sexa acorde co que votou a cidadanía. Con isto que queremos dicir? Que loxicamente a nosa voceira co resto de voceiros, singularmente do PSOE, estamos a traballar para termos unha Mesa que sexa progresista. E isto é no que están traballando Sumar e o Goberno de España».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha