Yolanda Díaz comprométese a acometer a redución da xornada laboral

A vicepresidenta segunda e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, comprometeuse este luns a levar a redución da xornada laboral ata as 37,5 horas ao seo do diálogo social, con sindicatos e patronal, e advertiu de que o fará aínda que a parte empresarial non estea de acordo. Tamén acometerá unha reforma do despedimento para que se adecúe coa Carta Social Europea e conseguir que sexa «disuasorio». Díaz asegurou que a redución da xornada, que beneficiaría a 12 millóns de asalariados no sector privado, será o principal reto do seu departamento, de maneira que centrará boa parte dos esforzos da carteira no marco do diálogo social. Ao seu xuízo, esta reforma é apoiada tamén por votantes «de dereita e extrema dereita», segundo unha enquisa á que fixo alusión. 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha