A vicepresidenta segunda do Goberno e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, deu positivo en coronavirus tras realizar unha proba, segundo comunicou este martes ela mesma a través da súa conta de Twitter.
“Tras realizar unha proba dei positivo en COVID-19. Atópome ben, con síntomas leves”, asegurou Díaz na mensaxe.
Este luns, Díaz recibiu a terceira dose da vacina contra o covid-19. E pouco despois participou no acto Baleares é futuro: o novo turismo que liderará a pospandemia promovido polo Govern de les illes Balears en Madrid. A vicepresidenta trasladouse ao Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía. E este mesmo martes, participou na reunión do Consello de Ministros en Moncloa.
A vicepresidenta segunda explicou que apraza a súa axenda pública prevista para os próximos días e continuará traballando desde o confinamento.