Yolanda Díaz defende a súa vontade de subir o salario mínimo

Foto.- Cedida.

A vicepresidenta segunda e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, reafirmou este luns a súa vontade “clara” de subir o Salario Mínimo Interprofesional (SMI). “A decisión non está nesta parte da coalición, está agora mesmo na parte maioritaria do Goberno”, afirmou, contrapoñendo a súa intención desde Unidas Podemos fronte ao PSOE. Ademais defendeu a posición, xa “coñecida”, do seu Ministerio, debido a que “aínda que sexan cantidades simbólicas son importantes para as familias”. Con todo, avanzou que a cuestión non se aprobará aínda no Consello de Ministros desta semana.