47
A vicepresidenta segunda e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, reafirmou este luns a súa vontade «clara» de subir o Salario Mínimo Interprofesional (SMI). «A decisión non está nesta parte da coalición, está agora mesmo na parte maioritaria do Goberno», afirmou, contrapoñendo a súa intención desde Unidas Podemos fronte ao PSOE. Ademais defendeu a posición, xa «coñecida», do seu Ministerio, debido a que «aínda que sexan cantidades simbólicas son importantes para as familias». Con todo, avanzou que a cuestión non se aprobará aínda no Consello de Ministros desta semana.