Yolanda Díaz defendeu no Congreso a nova Lei de Emprego


A vicepresidenta segunda e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, defendeu o proxecto de Lei de Emprego, unha norma que presenta un novo enfoque sobre a empregabilidade e contempla unha transformación estrutural das políticas activas de emprego co emprego decente e de calidade no punto de mira.

«O emprego de calidade é o imprescindible substrato para a recuperación e o futuro das nosas empresas e o noso país», afirmou a ministra, que agradeceu aos investigadores, interlocutores sociais e representantes das Comunidades Autónomas que contribuíron a configurar a nova lei, ideada para facilitar a integración no mercado laboral das persoas demandantes de emprego, así como para atender ás necesidades das empresas.

Un dos principais eixos da norma é o concepto da empregabilidade desde a perspectiva da formación. Para iso contarase cun novo deseño eficaz e eficiente das políticas activas de emprego que, ademais, estarán adecuadas ás necesidades de persoas que buscan traballo e as entidades demandantes dos servizos públicos de emprego.