Yolanda Díaz e o papa Francisco reuníronse este venres no Vaticano

A vicepresidenta segunda do Gobierno e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, e o papa Francisco reuníronse este venres durante case unha hora nun «cordial» encontro no que abordaron temas como as desigualdades sociais, a redución da xornada laboral e a crise ambiental.

«Tivemos unha longa conversación sobre a necesidade do tempo de vida, do tempo de descanso e do tempo de traballo (…) el escribiu  sobre estas cuestións (…) Esto deféndeo o Papa/Papa Francisco», dixo aos medios Yolanda Díaz tras cualificar ao Pontífice como «o mellor embaixador do traballo decente no mundo». 

Tras a reunión, celebrada na Biblioteca Privada do Palacio Apostólico, Díaz relatou que abordaron a necesidade de introducir a democracia nas empresas e ir cara a «unha prosperidade compartida». «Temos que mellorar a vida dos traballadores», declarou a vicepresidenta, que insistiu  en que esta será «a lexislatura dos dereitos» e da estabilidade laboral. 

«Defendo a Internacional laborista, de esto tamén falei co papa Francisco, porque temos que tecer unha ampla rede en defensa do traballo decente e dunha economía que debe ser social e solidaria. En definitiva, vai ser unha lexislatura na que sigamos gañando dereitos e sigamos mellorando a vida da cidadanía española», sinalou.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha