Yolanda Díaz érguese na Coruña como o voto crave para o cambio 

1 minutes read

O Pazo da Ópera da Coruña acolleu na tarde-noite deste xoves o acto central de campaña de Sumar Galicia. Ante máis de 300 persoas a candidata á presidencia da Xunta, Marta Lois, estivo acompañada pola vicepresidenta segunda do Goberno e ministra de Traballo, Yolanda Díaz.

Marta Lois explicou algunhas das medidas do seu programa electoral, como o metro lixeiro para as áreas metropolitanas de A Coruña e Vigo, a recuperación do Servizo de Axuda no Fogar como empresa pública, ou o establecemento dun tope aos prezos do aluguer. 

Lois amosouse convencida dun “cambio histórico en Galicia” e asegurou que “cada escano que acade Sumar é un escano que perde o PP”. 

Pola súa banda, Yolanda Díaz pediu o voto para Sumar Galicia apelando á movilización da esquerda nas eleccións xerais de xullo, cando a formación acadara representación nas circunscripcións de A Coruña e Pontevedra. 

Díaz asegurou que BNG e PSdeG non son suficientes para quitar a Rueda da Xunta e Sumar é crave. Hai que lembrar que segundo unha enquisa difundida nos últimos días a formación de Yolanda Díaz estaría a piques de entrar polas provincias atlánticas quitándolle en ambos territorios unha acta ao Partido Popular. 

Díaz recordou algúns dos logros acadados pola súa xestión no Goberno do Estado, como a subida do salario mínimo, a reducción da xornada laboral ou a loita contra a temporalidade do emprego e a precariedade laboral.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?