A vicepresidenta segunda e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, presentou a folla de roteiro para a igualdade efectiva entre homes e mulleres na Economía Social, un acto ao que asistiron máis de medio centenar de destacadas representantes deste modelo empresarial.
Para a vicepresidenta, este modelo produtivo conformado por cooperativas, empresas de inserción, sociedades laborais, centros especiais de emprego ou confrarías de pescadores, entre outros, é un motor de progreso económico e social que en España proporciona máis de dous millóns de postos de traballo.
As mulleres, lembrou Díaz, son un piar fundamental da actividade das entidades da Economía Social, onde case dúas de cada tres persoas traballadoras son mulleres. «Avanzar na igualdade efectiva é unha cuestión de xustiza», asegurou a ministra.