A vicepresidenta segunda, ministra de Traballo e líder de Sumar, Yolanda Díaz, afirmou este sábado que outorgará un ingreso de mil euros “para os que están a sufrir o custo da vida”, xa que, segundo explica, para as familias humildes «é imposible» asumir a cesta da compra ou o alugueiro. Sinalou tamén que esta campaña electoral “non vai do futuro de ningún político, nin de Feijóo”, se non dos cidadáns.
A líder de Sumar confirmou os bos datos económicos dos que “algúns políticos presumen estes días”, pero considerou que “non valen nada” se os datos “non van cos traballadores dentro”. A pesar diso, Díaz indicou que “non basta con falar de datos cando a xente non pode vivir con dignidade ou chegar a fin de mes”. Díaz destacou que pretende ser “a primeira presidenta verde do país”, xa que quere loitar pola emerxencia climática que se vive nestes momento e que produce “serias desigualdades” entre as diferentes clases.