Yolanda Díaz reafirma o compromiso coa Inspección de Traballo e a Seguridade Social


A vicepresidenta e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, clausurou en Valencia o Foro Internacional de Altos Responsables das Inspeccións de Traballo de todo o mundo, o primeiro encontro destas características que foi impulsado pola Organización Internacional do Traballo, alí reafirmou o compromiso de Goberno coa Inspección de Traballo e Seguridade Social, fortalecendo o organismo para adaptala mellor a un mercado laboral con amplos e diversos desafíos. Díaz explicou a importancia de dotar con máis recursos humanos, materiais e tecnolóxicos a unha institución centenaria, que segue sendo vital para o cumprimento das normas do mundo do traballo, pero que á vez necesita ir amoldándose ás novas fórmulas laborais que emerxen cos avances tecnolóxicos que permiten as plataformas dixitais ou o traballo a distancia, entre outros.