Yolanda Díaz retoma a súa axenda tras dar negativo en coronavirus


A vicepresidenta segunda do Goberno e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, retoma este martes a súa axenda tras dar negativo en coronavirus. Así o anunciou na súa conta de Twitter, onde agradeceu o apoio e as mensaxes de agarimo.

«Despois de dar negativo en Covid-19, e tras sete días, retomarei a miña axenda pública unha vez finalizado o confinamento. Moitas grazas por todas as mensaxes de ánimo e apoio que recibín. A vacinación e as medidas de seguridade refórzannos fronte ao virus«, tuiteaba. Na mensaxe publicada tamén incidiu na importancia da vacinación.