Yolanda Díaz ve crucial garantir unhas boas condicións laborais para un bo desempeño profesional

1 minutes read
  • A Ministra asistiu ao II Congreso de Profesións, organizado pola Unión Profesional que agrupa ás profesións colexiadas españolas

A ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, resaltou o papel dos colexios profesionais «que regulan e favorecen as condicións nas que colexiadas e colexiados desenvolven o seu traballo», e para iso «é crucial garantir unhas boas condicións laborais para un bo desempeño profesional».

A titular de Traballo realizou estas declaracións na inauguración do II Congreso de Profesións organizado pola Unión Profesional que agrupa ás profesións colexiadas españolas. Neste acto, a ministra deu o parabén á Unión Profesional «e ao seu millón trescentas mil colexiadas e colexiados» pola celebración do 40 aniversario.

Díaz sinalou no seu discurso inaugural que o Ministerio de Traballo e Economía Social está interesado «en mellorar as condicións nas que os profesionais colexiados, en moitas ocasións traballadores autónomos, desenvolven o seu traballo», polo que é necesario «actuar sobre a calidade do traballo xa que é tamén actuar sobre o bo desempeño profesional».