Yolanda Román colabora por primeira vez coa revista HORIZONT

Imaxe dun desfile da colección de Yolanda Román_Cedida

  • Román foi a gañadora da XXVI edición do Concurso de Noveis Deseñadores da Mostra de Camariñas

Yolanda Román, gañadora da XXVI edición do Concurso de Noveis Deseñadores da Mostra de Camariñas, participou na súa primeira colaboración coa revista HORIZONT.

Coa auga como protagonista, pois o proxecto realizouse na Fervenza da Toxa (Silleda), as prendas transmiten delicadeza e forza, e contan co toque de distinción do encaixe de Camariñas.

‘É a primeira vez que colaboro cunha revista, e facelo con este proxecto pareceume tremendamente positivo. Foron moitas horas de intenso traballo pero penso que pagaron a pena’, comenta Román.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha