Nestas derradeiras semanas de novembro estanse levando a cabo as escavacións arqueolóxicas mediante catro sondaxes manuais que se están a executar nas fincas da Fundación Brandomil de Pedra do Altar, onde previamente se realizaran as actuacións non intrusivas mediante gradiómetro, xeorradar, LIDAR e imaxes multiespectrais, efectuadas polo equipo do INCIPIT-CSIC e as cales propiciaran a identificacións de diversas estruturas.
Ao longo da semana acudiron a coñecer os avances dos traballos os técnicos da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural así como membros do INCIPIT-CSIC á fin de cotexar a información obtida nos traballos previos.
Tras rematar a primeira semana de escavación arqueolóxica, confírmase a existencia de muros de época romana con pezas asociadas de fai 1900-1800 anos. Unha vez finalizados os traballos anunciarase unha visita guiada ás escavacións por parte do arqueólogo director, Lino Gorgoso, mediante a cal se explicarán os resultados obtidos.