Zas | A feira de Baio deste domingo celebrarase na nova praza da vila

Concello de Zas

  • Os feirantes deberán comunicar ao Concello o seu desexo de instalarse na nova ubicación

A feira de Baio trasladarase este domingo á nova praza da vila, recentemente rematada. Así o comunicou este martes o Concello a través do Facebook municipal.

Todos os postos de venda ambulante que desexen instalarse na nova ubicación deben poñerse previamente en contacto con persoal do Concello de Zas chamando ao 981 708 303.