Zas | A Xunta licita un plan de conservación de estradas en 52 concellos coruñeses

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou este martes o centro de conservación de estradas autonómicas de Zas para informar de que a Xunta licitou, por 18,9 millóns euros, o contrato que garantirá a conservación ordinaria e a viabilidade invernal de 723 quilómetros de estradas autonómicas das comarcas da Coruña, Ferrol, Santiago e Bergantiños-Costa da Morte nos vindeiros catro anos.

Concretamente, este contrato garantirá a conservación ordinaria e a vialidade invernal nas estradas de titularidade da Xunta da zona sur da provincia da Coruña que abrangue os concellos de Trazo, Teo, Corcubión, Arzúa, Santiago de Compostela, Tordoia, Malpica de Bergantiños, Laxe, Ponteceso, Carnota, Fisterra, Camariñas, Padrón, Frades, Boqueixón, Boimorto, Sobrado, Mesía, Ordes, Vedra, Melide, O Pino, Touro, Santiso, Toques, Oroso, Zas, Muros, Outes, Rois, Muxía, Vimianzo, Noia, Porto do Son, Dodro, Rianxo, Lousame, Ribeira, Pobra do Caramiñal, A Baña, Brión, Cabana de Bergantiños, Val do Dubra, Coristanco, Negreira, Boiro, Santa Comba, Mazaricos, Carballo, Dumbría, Cee e Ames.

O delegado da Xunta informou da licitación deste contrato que redundará na seguridade viaria e no mantemento do emprego a través da promoción da obra pública, mantendo a rede viaria autonómica na zona sur da provincia nas mellores condicións para garantir a seguridade viaria e propiciar desprazamentos máis cómodos e seguros aos usuarios.

O programa de conservación ordinaria permite unha vixilancia e control das estradas autonómicas para detectar anomalías e corrixilas o antes posible. No marco destas actuacións, puxo como exemplo a reposición da sinalización ou das barreiras de seguridade, a limpeza e mantemento dos elementos de drenaxe das estradas ou o repintado da estrada e dos elementos que as conforman. O contrato tamén inclúe os traballos de roza periódicos para o control da vexetación e garantir unha boa visibilidade, así como as melloras de firme ou reparacións de pontes, obras de paso ou noiros de menor entidade.

O delegado da Xunta puntualizou que o contrato permitirán subrogar ao persoal que viña desenvolvendo estas tarefas, garantindo un posto de traballo estable a estes traballadores. As empresas interesadas en optar a esta licitación e a de outros seis contratos máis terán de prazo para presentar as súas ofertas ata o vindeiro 21 de maio.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha