Ata o vindeiro 9 de decembro está aberto o prazo de solicitude das Bolsas de Estudo para o curso 2020-2021 convocadas polo Concello de Zas e coas que se pretende fomentar a educación entre o alumnado empadroado no municipio. En total, o Concello de Zas destina 29.100 euros correspondentes ao Orzamento de Gastos para o ano 2020.
Poderán acceder ás axudas os alumnos e alumnas empadroados no Concello de Zas e escolarizados en calquera dos seguintes cursos:
- Ensinanza primaria
- ESO, Bacharelato e ciclos formativos (medios e superiores)
- Estudos de Grao Medio e Superior
As bolsas adxudicaranse en función dunha serie de baremos; tales como a situación económica-familiar, o número de membros que integran a unidade familiar e os méritos académicos do alumno/a. O crédito repartirase en 180 bolsas e o importe das mesmas pode ir dende os 120€ ata os 360€ en función dos estudos que se realicen. As axudas son compatibles con calquera outra que perciban polo mesmo concepto.