Zas acolle a presentación do Programa de Democratización do Coñecemento


Ofertado pola Universidade Sénior da UDC – Universidade da Coruña -. Este programa universitario para maiores de 50 anos desenvolverase en Baio entre os meses de marzo a maio e está posto en marcha pola Universidade Sénior da UDC en colaboración do GDR Costa da Morte e co Concello de Zas. O programa consta de tres módulos impartidos por profesorado da Universidade da Coruña e ten como obxectivo revalorizar o patrimonio cultural, social e ambiental da zona, concienciar á sociedade sobre a presenza da ciencia no día a día e recoñecer o valor das disciplinas artísticas a través do coñecemento e as vivencias a través de diferentes sesións teóricas e prácticas ou saídas de campo. 

Á presentación desta terceira edición asistirán a vicerreitora de Planificación Académica e Innovación Docente da Universidade da Coruña, Nancy Vázquez Veiga; a directora da Universidade Sénior, Matilde García Sánchez; e o alcalde de Zas e presidente do GDR Costa da Morte, Manuel Muíño Espasandín.  Será no auditorio do Centro Sociocultural de Baio este mércores ás 13:00.