30
Trátase dun acto enmarcado dentro da ampliación do programa Verán Cultural 2020 con espectáculos para todos os públicos. Este domingo 13 de setembro e o día no que a Praza do Concello será o escenario para a estrea do filme “María Solinha” – dirixida por Ignacio Vilar -. A película reconstrúe a historia da viúva María Soliña á que acusaron de bruxería. Entre o elenco están Santi Prego, Antonio Durán, Mabel Rivera ademais das actrices protagonista Grial Montes e Laura Míguez. A proxección comeza ás 21:30 horas.