49
O próximo 1 de novembro terá lugar no pavillón municipal de Zas unha xornada de promoción de tenis de mesa para todas as idades. O evento está organizado pola AD Zas Tenis de Mesa e a Federación Galega de Tenis de Mesa:
De 16:00 a 17:00 horas haberá sesión de iniciación/adestramento no que aprenderán os golpes básicos e as normas do tenis de mesa.
De 17:30 a 19:30 horas terá lugar a competición por niveis na que se intentará que cada participante xogue o máximo número de partidas con rivais dun nivel similar.
Esta é unha actividade aberta a todas as persoas interesadas.