Zas ampliará a ponte do Allo e reparará os exteriores do Centro Sociocultural de Baio

A corporación municipal de Zas aprobou en pleno ordinario o Plan Provincial POS+ adicional cunha achega de 304.965,18 € por parte da Deputación da Coruña. Este importe investirase integramente na mellora de infraestructuras e espazos públicos. Concretamente as obras que figuran nesta partida son a ampliación da ponte do Allo – cun orzamento de 128.467,95 € – e a reparación das fachadas do Centro Sociocultural de Baio e dos accesos exteriores, cun investimento de 88.239,64 €.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha