O próximo martes 10 de maio arranca o programa cultural “Maio, mes das letras”, organizado polo Concello de Zas, con actividades que teñen como propósito divulgar a obra de Florencio Delgado Guirriarán, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano. Unha boa parte das actividades realizaranse nos propios centros educativos para así achegar a cultura galega a todos os nenos e nenas. Ao longo deste mes de maio continúa a V Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”, así como o Concurso de Marcapáxinas organizado polas Bibliotecas Municipais de Zas e de Baio e que xa vai pola 13ª edición.