Zas | Capturadas máis de 850 raíñas de vespa velutina en quince días


Nos primeiros quince días da campaña de trampeo da vespa velutina posta en marcha polo Concello de Zas capturáronse un total de 857 raíñas desta especie o cal significa que se evitou a formación doutros tantos niños. Grazas á colaboración da veciñanza, o número de capturas é moi superior ao dos anos anteriores. En concreto nestes primerios quince días da campaña capturáronse case 500 raíñas máis que no mesmo período do ano pasado. Co fin de frear esta praga, o Concello de Zas conta este ano coa colaboración de máis de 120 veciños e veciñas aos que se lle facilitou trampas e líquido atraínte. Ademáis, e ao igual que nas pasadas campañas, instaláronse trampas naqueles puntos máis sensibles do municipio como poden ser zonas nas beiras dos ríos, paseos fluvais, parques infantís,… que se renovan cada quince días. As trampas están distribuidas entre as 16 parroquias que forman o municipio e xeolocalizadas co fin de controlar aquelas zonas con maior incidencia.