Zas | Castelao e as Cantareiras, protagonistas dos próximos eventos do ciclo literario e cultural ‘Follas de Outono’

ciclo literario e cultural “Follas de Outono” continúa con dúas citas que xirarán ao redor de Castelao e das Cantareiras.

A próxima parada será este venres ás 11:00 horas no CEIP Labarta Pose onde a compañía Migallas Teatro representará a obra de teatro “Pegadas de Castelao”, coa que lle rendemos homenaxe a esta figura da nosa cultura coindindo co Ano Castelao no que se conmemora o 75 aniversario da súa morte. Ademáis, este día tamén está sinalado no calendario como o Día das Bibliotecas.

E o domingo, a programación volve ao Auditorio de Baio a partir das 18:00 horas onde teremos dúas citas. A primeira será a presentación do libro “Canta miña compañeira. O legado das cantareiras” na que estará a propia autora – María Lado – acompañada do Alcalde de Zas, Manuel Muíño. Ademáis de falar do seu libro haberá un coloquio co público. A continuación, o alumando do CEIP Labarta Pose representará a obra de teatro “As ferreñas (En vivo e en directo)”.

O ciclo literario e cultural “Follas de Outono” desenvolvese durante os meses de outubro e novembro coa finalidade de rendirlle tributo ás cantareiras, que este ano foron as protagonistas do Día das Letras Galegas e que tan presentes están e estiveron no municipio. 

Related posts

Este domingo terá lugar en Cee o acto de clausura da XII Edición do programa O Mes da Fundación

O Concello da Laracha mellorará a eficiencia enerxética do Centro Sociocultural da Insua de Caión

O pavillón de Baio e as súas instalacións, pechan por obras na cuberta do 27 de outubro ao 5 de novembro