Zas celebrou unha nova e completa edición do Trail da Filloa

1 minutes read

Pouco despois das oito da mañá deste domingo saían da praza do Concello de Zas os participantes do Gran Trail, que percorreron 43 km para chegar á meta. Máis de mil persoas participaron nas diferentes probas non competitivas que se realizaron ao longo de toda a mañá, que foron saíndo de forma escalonada. Na V edición deste evento deportivo organizado polo Concello de Zas e a Asociación Deportiva Monte Brondo batéronse marcas de participación xa que unha vez pechado o prazo de inscrición había un total de 1.024 persoas anotadas nas diferentes probas non competitivas que se realizaron con gran éxito polos montes de oito parroquias do municipio.

Unha das grandes novidades desta quinta edición do Trail da Filloa foron o Gran Trail de 43 kilómetros e a andaina de 25 kilómetros, dúas probas de alto nivel. Ademais destas disputouse o trail longo (27 km), o trail curto (17 km) e unha andaina de 12 kilómetros.

CLASIFICACIÓNS POR TÁBOAS:

Gran trail 43K (táboa absoluta)

Moncho Muíños 4:22:17

Adrián López 4:32:01

Lois Rodríguez 4:34:04

Gran trail 43K (táboa feminina)

Paula M. Cobelo 6:05:51

M. Lourdes Vázquez 6:33:24

Paula Fernández 7:07:07

Trail largo 27K (táboa absoluta)

Miguel Vázquez 2:22:25

Marcos Naya 2:22:25

Rubén Insua 2:30:50

Trail largo 27K (táboa feminina)

Verónica Bugliot 3:04:53

Patricia Noya 3:15:15

Mary Pombo 3:21:31

Trail corto 17K (táboa absoluta)

Jesús Rodríguez 1:40:43

Rafael Pérez 1:43:06

Andrés Flórez 1:44:59

Trail corto 17K (táboa feminina)

Apolonia Bermúdez 2:04:03

Belén Otero 2:08:53

Andrea Montero 2:09:55