Zas conmemora o Día das Letras cunha sesión de contacontos virtual

Este próximo sábado 16 de maio ás 20:00 horas, terá lugar unha sesión de contacontos dende a páxina de Facebook do Concello de Zas, dirixida aos máis novos da casa.

Na función virtual que leva por título “Lilí Gruyère en directo!”, a ratiña de Trinke Trinke Teatro fará referencia a Ricardo Carballo Calero, o autor homenaxeado este ano. A sesión retransmitirase en directo dende a páxina de Facebook do “Concello de Zas Actualidade Municipal”.

Por outra parte, ao longo destes días pendurarase das redes sociais do Concello de Zas información sobre Ricardo Carballo Calero co fin de dar a coñecer entre a veciñanza a súa vida e a súa obra.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha