Zas conmemora o Día do Patrimonio cunha visita guiada á Casa Consistorial

O próximo sábado celébrase o Día Internacional do Patrimonio Mundial co obxectivo de dar a coñecer e protexer o patrimonio natural e cultural. E para conmemoralo o Concello de Zas, a través do Departamento de Patrimonio, organiza unha visita guiada á Casa Consistorial que se realizará o vindeiro venres, 15 de novembro. Haberá dúas quendas, unha ás 12:00 horas e outra ás 16:00 horas, e están dirixidas á toda a veciñanza e aos centros de ensino. Os centros educativos que desexen participar deberán contactar previamente co Centro Sociocultural de Baio (981 718 056) co fin de buscar unha data e un horario concreto en función das súas necesidades.

A Casa Consistorial do Concello de Zas – situada na Praza do Concello – é un edificio do século XX e cunha longa historia constructiva detrás. Éste é un dos moitos bens patrimoniais do municipio que xunto con capelas, igrexas, cruceiros, reitoriais, pazos e casas grandes, pontes, muíños, fontes e lavadoiros, hórreos, pombais, mámoas, dólmens e castros forman o catálogo do patrimonio cultural do concello composto por máis de 300 bens. A éstes hai que sumarlles dous Bens de Interese Cutural cos que contan no Concello de Zas: a Arca da Piosa e as Torres do Allo.

No mundo existen máis de 1000 bens declarados patrimonio da UNESCO dos cales, catro, están en Galicia e que son a Muralla de Lugo, a Torre de Hércules, a Catedral de Santiago de Compostela, o Camiño Francés e as rutas do norte de España.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha