Zas continúa cos traballos de desinfección en zonas comúns e o reparto de material

1 minutes read

Os traballos de desinfección lévanse a cabo nas zonas comúns como os accesos a edificios e comercios que manteñen a súa actividade, o reparto de produtos de primeira necesidade ás persoas vulnerables e da atención á veciñanza, o persoal do Concello de Zas está estes días traballando arreo no reparto de material de protección homologado entre os distintos colectivos do municipio máis expostos ao virus. 

Desta forma, dende o inicio do estado de alarma distribuiu diverso material de protección entre o persoal dos Centros de Saúde do municipio, persoal do Servizo de Axuda no Fogar, membros de Protección Civil, Policía Local e traballadores municipais que fan a desinfección nos exteriores dos establecementos que continúan abertos.

Ademais, estes días repartíronse mascarillas con filtro e reutilizables entre o persoal que traballa nos diferentes establecementos do municipo que desenvolven traballos esenciais como son supermercados, tendas de alimentación, gasolineiras, farmacia, entre outros. 

Cabe recordar que ainda que as oficinas municipais están pechadas ao público, o Concello de Zas continúa desenvolvemento a súa actividade habitual e atendendo ás necesidades que a veciñanza pode ter nunha situación como a que estamos vivindo. Para iso, as persoas que o precisen poden chamar ao número de teléfono do Concello de Zas (981 70 83 03) onde os atenderán un funcionario municipal e o Alcalde.