- O evento, que chega con importante novidades, celebrarase o 9 de febreiro de 2020
de Este martes tivo lugar a presentación da IV Trail da Filloa, un evento organizado pola Asociación Deportiva Monte Brondo, en colaboración co Concello de Zas, que se celebrará o domingo 9 de febreiro.
Esta nova edición conta con varias novidades, como a incorporación dunha nova proba deportiva que, ao igual que as outras tres non ten carácter competitivo. Trátase dunha andaina longa de 18 quilómetros que sairá ás 09:20 horas da praza do Concello de Zas. En total haberá catro probras diferentes abertas a toda a veciñanza: un trail longo de 26 quilómetros e cun desnivel de 1350 metros aproximadamente; un trail curto de 17 quilómetros con 700 metros de desnivel; unha andaina curta de 12 quilómetros e unha andaina longa de 18 quilómetros. Todas as probas disputaranse ao longo da mañá con saída dende a Praza do Concello de Zas mentras que a chegada estará no pavillón municipal de Zas.
O percorrido é outra das novidades desta cuarta edición xa que se incorporarán novos camiños que levan varios anos pechados pola maleza e que agochan varios elementos do patrimonio do municipio.
David Fernández, da A.D. Monte Brondo; Manuel Muíño, Alcalde de Zas, e Montse Solis, protagonista do cartel e gañadora do trail curto do ano pasado, foron os encargados de presentar con todos os detalles o IV Trail da Filloa. Muíño aproveitou a ocasión para felicitar aos organizadores polo éxito das pasadas edicións así como por darlle a noraboa pola iniciativa que foi unha das primeiras que se organizou na zona.
Inscricións. Os interesados en participar poden formalizar xa a súa inscrición a través da plataforma Galitiming. O número de prazas por cada unha das probas está limitado e o prazo de inscrición remata o 5 de febreiro.