Zas denuncia que o SERGAS non lle cubra as vacacións do persoal sanitario

O goberno municipal de Zas critica, unha vez máis, os recortes en sanidade que están sufrindo os seus veciños e veciñas. Segundo as queixas recibidas pola veciñanza, o SERGAS non está a cubrir as vacacións do persoal sanitario que atende Centros de Saúde de Baio e de Zas. En concreto trátase de dous médicos titulares que atenden neses dous Centros.

A falta de médicos de Atención Primaria súmase aos recortes no servizo de Pediatría que sufrimos dende o ano pasado. Dende entón un especialista presta servizo un total de 15 horas á semana repartidas entre os Centros de Saúde de Zas e de Baio cando anteriormente o facía 35 horas ao mes. Fóra de ese horario, os doentes que o precisen deberán ser atendidos polo especialista en Atención Primaria pero a falta de persoal obriga ás familias a recorrer ao servizo de urxencias doutros centros hospitalarios para solucionar unha consulta que, en moitos casos, é propia da atención primaria e colapsando así as urxencias.

Ante esta situación, o Alcalde de Zas, Manuel Muíño, remitiralle un escrito ao SERGAS, que é a administración competente na materia sanitaria, trasladándolle o malestar dos/as usuarios/as e do propio Concello de Zas e esixindo que se adopten as medidas precisas para que os nosos veciños e veciñas reciban a atención médica que precisan e merecen.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha