Trátase dun programa cofinanciado pola Deputación da Coruña, que ten como finalidade impulsar a actividade económica e o emprego entre os/as autónomos/as e microempresas dos municipios afectadas pola Covid-19 financiando unha parte dos seus gastos correntes. O Concello de Zas destina 22.252,46€ dos seus fondos propios a estas axudas que, xunto cos 89.009,81€ que recibirá do Fondo de Financiamento da Deputación da Coruña, fan un total de 111.262,27€.
As axudas do PEL-Reactiva son compatibles con calquera outra concedida por entidades públicas ou privadas, sempre que o importe total das axudas percibidas polo mesmo concepto non supere o custo total dos gastos subvencionables polas presentes axudas, e ata un máximo de 40.000 euros.
Entre o PEL-Reactiva, dotado cunha partida orzamentaria de 185.113,21 euros, e a liña municipal de subvencións para o fomento do emprego mediante o impulso da actividade económica para paliar os efectos da Covid-19, no Concello da Laracha destinaranse máis de 400.000 euros a axudar economicamente ás empresas afectadas pola situación epidemiolóxica.
No caso do concello de Ponteceso, o importe total da convocatoria ascende a 108.590,03 euros, dos que a Deputación poñerá 86.872,02 euros e o resto, 21.718,01 euros, correrán a cargo da vila de Eduardo Pondal.