Zas e Cee reciben novo material para Protección Civil

1 minutes read

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, acompañado polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, entregou este mércores cinco vehículos pick-up e sete remolques que permitirán ás Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de 12 concellos da provincia da Coruña reforzar o seu equipamento de emerxencias.

Desta vólta na Costa da Morte, o municipio de Zas recibiu un vehículo pick-up, mentres que ao concello de Cee foille entregado un remolque equipado con material de emerxencias.
Este tipo de remolque conta para as súas funcións cun equipamento mínimo que inclúe unha electrobomba sumerxible, unha motobomba para augas residuais, xeradores de electricidade portátil, motoserra, rozadora, torre de iluminación e kit de balizamento e sinalización.

A colaboración entre a Xunta e os concellos en materia de protección civil e emerxencias permite dotar aos membros dos servizos municipais dun equipamento adecuado para realizar o seu traballo nas mellores condicións e, desta forma, prestar unha atención máis eficaz e garantir a seguridade da cidadanía.

Esta entrega da continuidade á folla de ruta iniciada para mellorar a calidade de resposta e a seguridade nas actuacións de prevención de riscos e nas intervencións en emerxencias en calquera punto da comunidade galega mediante a dotación de máis material e equipamento ás Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil e aos Grupos de Emerxencia Supramunicipal (GES). O Goberno galego tamén mantén a aposta pola formación actualizada no eido das emerxencias que se imparte de forma centralizada desde a Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP).